Hoy nos acompaña en la lectura Gracia Santorum, conocida en la blogosfera como Ronsel, que mantiene junto a Anxo, antiguo compañero de trabajo, un conocido blog cultural cuya visita os recomendamos: Trafegando ronseis. El blog se ha distinguido especialmente no sólo por la defensa de la cultura, sino por su beligerancia en favor de los valores humanos -ya son numerosísimas las entradas dedicadas por ejemplo al maltrato contra las mujeres-. Gracia es profesora y conocedora de la literatura gallega de la que nos presenta dos muestras destacadas, que esperamos sirvan para respirar algo de los aires gallegos.
Gracias, Ronsel.
Miguel Anxo Murado: "Fin de século en Palestina". Galaxia
Neste libro, Miguel Anxo Murado cóntanos todos os horrores dun conflito vivido durante cinco anos desde primeira liña, sen apenas querelo e sen apenas decatarse, os mortos e os atentados de cada día, os medos, as persecucións, as situacións surrealistas... cóntanos todo isto cun sentido de humor envexable, do que Murado sae vitorioso e sen rabuñadas. Hai un xeito especial en contarnos a traxedia, a violencia, os conflitos, as caras e os odios, pero tamén hai espazos para a esperanza -poucos-, hai risos e estrondos. É un libro especial, que recomendo para achegarnos a unha realidade que non deberiamos esquecer xamais e á que non somos quen de axudar a pórlle fin. [Hay versión del libro en español]
Riveiro Coello: "Os ollos de K."
Galaxia
Incursión na novela negra dentro da literatura, xa que esta convértese en protagonista dentro da propia novela, con acenos á literatura kafkiana e con xogos de metaliteratura, mesturando realidade e ficción nun xogo que chega á confusión, ás veces un pouco forzado. Pero é unha novela que está ben, engancha e é recomendábel, coma outras deste autor. A reflexión do escritor sobre o feito da escrita, a causa e o efecto da mesma, son do máis interesante da novela. Unha crítica sutil ao escritor vaidoso por riba do ben e do mal, a aquel que non se cuestiona estar un chanzo máis elevado e que non dubida, mesmo, ante o perigo polo ben da escrita. Un escritor vencido pola súa propia imaxinación, que non dubida en deixar ao lector tirar as súas propias conclusións, posto que sabemos que as indicacións do protagonista sobre outros personaxes non son certas. O lector é quen de anticiparse ao propio escritor da novela que hai dentro d' Os ollos de K.
O título é toda unha homenaxe a Kafka e os seus personaxes, como o protagonista se encarga de indicar na súa viaxe a Praga.
Unha aperta enorme.
Gracia Santorum.
Y no te pierdas:
Un joc de paraules.
IES FRANCISCO DE LOS RÍOS EN EL YOUNG BUSINESS TALENT
-
El departamento de Economía de nuestro centro es entrevistado para contar
su experiencia en el concurso nacional * Young Business Talent. *Intervienen
el ...
1 comentario:
Moitísimas grazas por deixar que vos acompañe desde o noso recuncho xeográfico. Un honor inmerecido e un pracer auténtico. Parabéns polo aniversario dos blogues e parabéns polo traballo ben feito.
Apertas.
Gracia Santorum (sen C!)
Publicar un comentario